Imprimir

O certame, que este ano se presentou na modalidade de concurso fotográfico a través da rede social Instagram baixo a mensaxe ‘Participa na Realización do Calendario de Scharlab 2017’ (link is external), conseguiu reunir un total de 84 fotografías procedentes de centros de investigación e laboratorios de todo o mundo, entre as cales se atopaba a obra dos investigadores do CiQUS Xade Lago, Samuel Parcero, Roi López e Juan Correa. Unha imaxe titulada 'Estación de Scharlab', (link is external) na que se recrea unha motocicleta repostando nunha estación de servizo construida con produtos da marca Scharlab. A calidade da montaxe e a orixinalidade da fotografía foron os dous elementos clave para alzarse co primeiro premio do concurso, que ademais dos 1.000€ de dotación económica asociada ao premio reportará ao CiQUS idéntica cantidade en produtos da marca, que poderán ser empregados en diferentes proxectos de investigación e/ou desenvolvemento. O acto de entrega de premios terá lugar no centro a comezos de decembro..